![]()
CAMBADOS> A Consellería do Mar retomará o proxecto do porto deportivo. Este foi o compromiso de Rosa Quintana.
{flowplayer}images/salnes/conselleira_mar_cambados.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> A Consellería do Mar retomará o proxecto do porto deportivo de Cambados. Este foi o compromiso que deixou a titular deste departamento Rosa Quintana trala visita que realizou esta mañá ó Concello. Alí reuniuse co alcalde Luís Aragunde, e no encontro tamén participou o ex rexedor e agora delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
Aragunde pediulle apoio para colocar unha comporta no saco de Fefiñáns para compatibilizar na zona o marisqueo con actividades lúdicas. Lembroulle tamén o proxecto do porto deportivo, que estivo paralizado nos últimos catro anos. Ademais de liñas de atraque para embarcacións deportivas, tamén prevé a remodelación da praza e a construción dun aparcamento.
O alcalde de Cambados tamén se felicitou de recuperar a boa sintonía coa Xunta, sobre todo co ente Portos de Galicia, no tocante ás taxas por ocupación de terreos. Nesta festa do Albariño, este gasto reduciuse bastante.
A conselleira e mailo alcalde participaron logo nunha reunión na confraría de pescadores de Cambados, onde foron recibidos polo Patrón Maior, Benito González.
Redacción Salnés








