Máis do 92% das augas de baño de Galicia teñen unha boa calidade

    CALIDADEPRAIAS copia.jpg SANTIAGO> Son datos do informe de cualificación sanitaria de zonas de baño correspondente ó 2011. En preto do 70% a calidade é excelente.

    {flowplayer}images/salnes/VIXILANCIA_SANITARIA_ZONAS_BANO.flv{/flowplayer}

    As praias e zonas de baño de Galicia volven a superar con nota as condicións sanitarias esixidas, e máis do 92 por cento delas presentan unha calidade das augas boa. Así o reflicte o informe de cualificación sanitaria que vén de presentar o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública e que xa se pode consultar a través de internet.

    En total tomáronse mostras en 519 puntos das 499 zonas de baño que figuraban no censo oficial do 2011, todas espalladas por 118 municipios galegos. De acordo cos datos ofrecidos polo estudo, en xeral mellorou a calidade das augas con respecto ó 2010, ó pasar de dun 63 a un 70% de zonas de baño con nota excelente. Pero tamén houbo suspensos. En 46 dese puntos de mostreo a cualificación obtida foi de insuficiente, case a metade na provincia da Coruña, 21, e 12 na de Pontevedra.

    Redacción Salnés