Unha vilagarciá reclama á Xunta o cobro das axudas da dependencia

    mila_100.jpgVILANOVA> Unha coidadora de dependentes en Vilagarcía leva máis dun ano agardando a que a Xunta de Galicia lle pague a as axudas contempladas na lei…

    {flowplayer}images/salnes/140809_mila_gomez.flv{/flowplayer}

    …. de dependencia que ten aprobada desde aquela. Se xa é difícil dabondo coidar a unha persoa dependente e máis se ten unha enfermidade neurodexenerativa, esta muller, Mila Gómez, coida a súa nai e a súa sogra, ámbalas dúas doentes do Alzheimer; aínda que en distintos graos.

    A necesidade de coidados destas dúas pacientes fixo que Mila tivese que deixar o seu negocio propio para dedicarse por enteiro a estas dúas persoas, ademais do coidado e mantemento da casa. Foi daquela cando se enterou de que existían estas axudas.

    Solicitounas e viñeronlle aprobadas. Ademais de non recibir ata o de agora ningún pago, Mila tivo que facer fronte a elevados gastos de reforma do seu fogar, de mediciñas e de utensilios para ser quen de coidar a súa nai e a súa sogra sen falta de axuda. Isto supuxo unha importante inversión do seu peto. Ademais disto, tras sete anos ó coidado destas persoas, Mila aprendeu ela soa a desenvolverse con elas, aínda que agora paga a unha asistente para que lle axude.

    Esta coidadora non entende como os políticos, sexan da cor que sexan, poden mentir sistematicamente sobre a concesión de axudas a estas persoas que tanto o precisan e nun tema tan sensible como a dependencia. Mila Gómez vai a agardar nos vindeiros días a ter algunha resposta por parte dalgún organismo. En caso contrario, seguirá loitando á través dos medio de comunicación por reivindicar o que por lei lle corresponde.

    Redacción Salnés