Emgrobes organiza un showcooking de pratos de centola nun barco para promocionar o marisco

OGROVE> Unha vintena de asistentes puideron gozar hoxe dun showcooking de pratos de centola mentres viaxaban pola ría. A actividade estivo organizada por Emgroves no marco das décimo oitavas xornadas da centola. O obxectivo da xornada era promocionar a venda deste produto.

A centola é un dos produtos estrelas para os sectores hostaleiro e mariños do Grove. Coa apertura da tempada deste crustáceo, a vila celebra as décimo oitavas xornadas da centola. Dentro deste festexo, a asociación Emgrobes organizou un showcooking deste marisco nunha viaxe pola ría. A actividade estivo enfocada a promocionar a venda da centola.

No showcooking participaron 4 restaurantes da vila. Cada un creou os seus propios pratos.

Esta é a primeira experiencia desta índole que organiza a asociación de empresarios do Grove. Grazas a estas actividades de promoción da centola impúlsase tanto o sector da hostalería como o mariñeiro. Posto que mostran a calidade deste produto.

A décimo oitava edición das xornadas da centola continuará ata o día 7 de decembro. Entre as actividades máis destacadas atópanse a gran centolada do Restaurante Don Mexilón, unha Cata Maridaxe e de degustación de centola e albariño no Obradoiro de Hostalería da Lanzada, a gran centolada do Mesón do Mar e o peche coa gran centolada do Camping o Curro.