Expoferta agarda recibir ó redor de 11.000 visitantes nesta edición

    inauguracionexpoferta copia100.jpgVILAGARCÍA> Ó redor de 70 comercios ocupan os tres mil metros cadrados dispostos por Fexdega, con descontos que acadan o 80%.

    {flowplayer}images/salnes/COMEZA_EXPOFERTA.flv{/flowplayer}

    Stocks, artigos de tempada e sobre todo importantes descontos, danse cita dende hoxe na sexta edición de Expoferta. Ó redor de 70 comercios de gran variedade de sectores e de toda a comarca, ocupan cos seus artigos a nave de Fexdega. O obxectivo: atraer ó maior número de clientes posible durante a fin de semana. Unha intención que se ve reforzada polas boas expectativas para este ano, que agardan recibir ó redor de 11 mil visitantes.

    Entre os comerciantes ó redor do 50% son de Vilagarcía, ademais de que a gran maioría non son novos nesta feira da capital arousá. Algo que tamén se ve entre os visitantes, que un ano máis repiten na súa cita con Expoferta atraídos por descontos que acadan o 60, o 70 e o 80%.

    Roupa, calzado, libros, chemineas, piscinas, equipamentos para o fogar e incluso panadería, son algúns dos artigos que se poderán atopar nos diferentes stands. Expoferta permanecerá aberto ata o vindeiro domingo cun horario de 12 da mañá a dez da noite, e cun custo de entrada dun euro.

    Redacción Salnés