Ádega e Sogaps colaborar para traer a 320 nenos saharauis polo verán

    VILAGARCÍA> O Cineclub Ádega de Vilagarcía prepara unha das súas actividades máis solidarias. O vindeiro mércores proxectarán o documental “Hijos de las nubes”, que reflicte a realidade que está a vivir o pobo saharaui. A entrada terá un custo de 4 euros, e todo o recadado destinarase a pagar os billetes dos nenos saharauis que veñen pasar o verán en Galicia. O mércores 15 o Cineclub Ádega amosará a súa cara máis solidaria. Ás 9 da noite o Salón García acollerá a proxección do documental Hijos de las nubes, sobre a situación na que vive o pobo saharaui. A recadación da billeteira destinarase íntegra á Solidariadade Galega co Pobo Saharaui. O filme, gañador dun Goya, está dirixido por Álvaro Longoria e producido por Javier Bardem. O custo da entrada será de catro euros, e Sogaps xa saben a onde se van destinar. O custo de cada billete é de 890 euros. Ademais de recadar fondos con esta actividade tamén se busca facer máis visible o labor de Sogaps. Antes do 30 de abril teñen que pechar os trámites para traer os nenos saharauis a pasar o verán a Galicia e, a parte dos cartos, tamén precisan familias acolledoras. A intención de Sogaps é que preto de 320 nenos saharauis poidan pasar o verán alonxados dos conflitos da zona. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/proxeccion_solidaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/proxeccion_solidaria.mp4{/flowplayer}