Cambados converterase entre hoxe e mañá no lugar de encontro de emprendedores

    CAMBADOS> Cambados converterase entre hoxe e mañá no lugar de encontro de emprendedores que queren poñer en marcha o seu negocio. Estamos a falarlles das II Xornadas que o Concello de Cambados organiza para fomentar o emprendemento no municipio. As actividades comezaron esta mañá coa presentación da Rede SmartPeme promovida pola Deputación de Pontevedra. 

     

    A Presidenta da Deputación de Pontevedra, estivo acompañada durante o acto, que tivo lugar en Exposalnés, polo Deputado provincial de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios e a Alcaldesa de Cambados. O obxectivo deste acto e o de resaltar a implantación de novas formulacións en materia de estratexia dixital. Carmela Silva lembrou que as TIC son elementos que melloran a competitividade das empresas. 

    Nesta ocasión desenvolveranse en dous emprazamentos diferentes: en Exposalnés e no centro de desenvolvemento local do polígono de Sete Pías.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/carmela_smartpeme_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/carmela_smartpeme_cambados.mp4{/flowplayer}