![]()
VILAGARCÍA> No Liceo Casino despedíuse esta mañá á tripulación que participará nos vindeiros mundiais juniors de Snipe. Os xóvenes regatistas Bernardo Paz e Óscar Lages viaxan mañá cara San Diego coa única intención de aprender desta experiencia. No acto estivo presente, o campión olímpico, Antón Paz.
{flowplayer}images/salnes/despedidamundialistas_180809.flv{/flowplayer}
Hai vida despois de Antón Paz. As novas xeracións, as que medraron seguindo de preto as fazañas do campión olímpico, comezan a ter o seu propio protagonismo. Dous deles, Bernardo Paz, curmán de Antón, e Óscar Lages, debutarán no Mundial junior de Snipe, que se disputa do 22 ó 28 deste mes, en San Diego, California.
Paz e Lages son os actuais subcampións de España junior desta categoría. A súa presencia no mundial débese, obviamente a este tipo de resultados e ó esforzo económico que tódalas partes fixeron para que fora posible a súa presencia no campionato. Liceo, federacións, e o propio Antón Paz que lles cedeu o chandal que utilizou nos Xogos de Pekín para que poderan rifalo. A parella parte mañá pola mañá, nun vóo que sairá ás sete. Levan tan só un ano navegando xuntos, enfrontaranse a rivais descoñecidos, nun campo de regatas caracterizado polos fortes ventos pero sen presión por acadar un bo resultado.
Lages e Paz terán tres días antes do inicio do campionato para a posta a punto do seu barco de aluguer.
Ademais, durante estes días outros trapaces do Liceo, Bruno Gago e César Conde participarán en Copenhage no mundial de 470, esta sí, clase olímpica. A competición iniciarase en terras danesas este xoves.
Redacción Salnés







