![]()
SALNÉS> Ambos conxuntos dispuxeron de poucas ocasións de gol e conformáronse co empate. Na Preferente Sur destacou a victoria do Arousa en Tomiño que lle serve para engancharse á cabeza.
Na Terceira esta fin de semana tocoulle descansar ó Céltiga polo que o único representante do Salnés que xogou foi o Vilalonga, que empatou sen goles en San Pedro ante o Narón. Foi un partido aburrido, sen claras ocasións de gol para ningún dos dous equipos que semellaron conformarse co empate. Un punto máis para os de Gabi Leis que volven a situarse sextos na xeral, posto que se xogarán a semana que ven ante o Vilalbés, que suma os mesmos puntos que os celestes. O Céltiga mantense fóra dos postos de descenso directo grazas á derrota do Santa Comba na casa ante o Negreira, un Negreira que precisamente recibirá a visita dos da Illa o vindeiro domingo.
En Preferente Sur un dos grandes beneficiados da xornada foi o Arousa, que engánchase ó grupo de cabeza despois de acadar a súa terceira victoria consecutiva a costa do Tomiño, por 2-3. Os de Ricardo foron quen de remontar un marcador adverso na segunda metade; os goles foron obra de Camiño, Zaca e Pablo. O partido adiado ante o Arenteiro antóllase clave para os vilagarciáns que de gañalo situaríanse a día de hoxe a dous puntos do ascenso.
O que perde comba coa cabeza é o Sanxenxo que onte perdeu ante un rival directo como o Barbadás por 4-1. Terceira derrota seguida como visitante dos de Calucho.
Ademais, no único partido adiantado á xornada do sábado o Cambados empatou sen goles ante o Covadonga nun encontro xogado con moita deportividade no que non se repetiron os incidentes do partido de ida.
Redacción Salnés







