RIBEIRA> O BNG de Ribeira acusa ó goberno local de despedir de xeito irregular a varios profesores do conservatorio municipal.
O concello de Ribeira anunciaba a semana pasada a suspensión das clases na escola municipal de música ó ter que finalizar o contrato da profesora ante a falla de presuposto, dado que os orzamentos municipais do presente exercicio non foron aprobados. O BNG considera inxustificable que o goberno adopte esta medida e a atribúa á falla de orzamentos este despedimento que cualifica de irregular.
Os nacionalistas insisten en que a lei garante a prestación dos servizos públicos e as retribucións ó persoal municipal. Explican ademais que aínda que os orzamentos se tivesen aprobado non estarían en vigor aínda polo que consideran que o goberno actúa co único afán de prexudicar a imaxe da oposición.
Piden dende o BNG ó goberno que recapacite e non ataque ós traballadores municipais ou actuarán en consecuencia.