O delegado do Goberno interésase polo proxecto do novo parque empresarial de Boiro

BOIRO> Unha das súas primeiras paradas foi no pavillón polideportivo da Cachada. Acompañado do alcalde, José Ramón Romero, e varios membros do executivo local, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quixo coñecer de primeira man o resultado das obras levadas a cabo nas instalacións, que permitiron o cambio de luminarias no polideportivo. Non foi a única obra de mellora enerxética realizada no municipio. Tamén se realizaron outras obras semellantes noutros polideportivos do municipio e en diversos alumeados exteriores das zonas rurais. Actuacións todas elas con cargo a unha achega do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do IDAE, por un importe total de preto dos 268 mil euros.

O rexedor local aproveitou a visita de Delegado para trasladarlle outras necesidades do Concello, para o que solicitou o seu apoio e dos que tivo boa receptividade. Trátase da construción do novo polígono industrial e a rexeneración dun tramo do bordo litoral na enseada de Goiáns.

O delegado do Goberno aproveitou a súa visita a Boiro para anunciar tamén un novo investimento para o Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración que promove o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, do que en Boiro se beneficiaron ó longo do presente ano unhas 800 vivendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí