AFASAL reubicarase na Casa do Doutor Carús

    VILAGARCIA> AFASAL, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Arousa será a primeira usuaria da…

    {flowplayer}images/salnes/edificio_carus_afasal.flv{/flowplayer}

    … Casa do Doutor Carús; un inmoble vilagarcián que fora restaurado gracias ós Fondos do Plan E e que ate o de agora permanecía pechado ó público. Desde o Concello decidiron dar prioridade a este tipo de uso para que esta ONG poida dinamizar a súa acción social, tanto para os seus socios como para outros afectados por esta enfermidade neurodexenerativa deste Concello.

    A disposición deste edificio de Trabanca Badiña vai a facilitar a AFASAL diversificar as súas actuacións segundo a estadía de Alzheimer na que se atopen os usuarios. Amais, a luminosidade e outras potencialidades deste espazo virán a dinamizar a súa actividade social desinteresada.

    AFASAL poderá instalarse nesta nova vivenda a finais de ano, en virtude dun futuro convenio co Concello de uso compartido, xa que o goberno municipal pretende deixar espacio na antiga vivenda do doutor para albergar algunha outra asociación.

    Redacción Salnés