VILAGARCÍA> A plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, rostros da política local e persoal sanitario do centro de saúde de San Roque manifestáronse esta mañá as portas da instalación sanitaria para reclamar unha sanidade pública sen recortes. Esta mobilización celebrouse de xeito simultáneo noutros centros de saúde como foron os de: Catoira, Vilanova, A Illa, Ribadumia ou Cambados. Profesionais sanitarios, membros da vida política local ou integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública manifestáronse na porta principal do centro de saúde de Vilagarcía, para reivindicar unha sanidade pública de calidade.
Esta mobilización celebrouse de xeito simultáneo noutros centros de saúde como foron os de: Catoira, Vilanova, A Illa, Ribadumia ou Cambados. As reivindicacións son claras, menos recortes, reforzo da atención primaria ou non pechar camas durante a época estival, son tan só algunhas das peticións que se fan dende a plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Salnés.
Dende a mesma recordaron a gran manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 10 de febreiro.
Xa llo recordábamos hai uns días, que todos aqueles que queiran poderán asistir anotándose para poder asistir nos buses gratuítos dispostos para ese día en concellos como Catoira, Vilagarcía, A Illa, Cambados ou Ribadumia.
Inicio SALNÉS