Mecos gaña en Vilagarcía e Cabo sentencia a liga

traias250_240809.jpgVILAGARCÍA> Despois desta fin de semana, todo quedou visto para sentencia na Liga Galega de Traíñas. Salvo catástrofe Cabo de Cruz será campión o vindeiro domingo en Vigo tras aumentar a súa vantaxe con Náutico de Vigo a 11 puntos. Mecos venceu onte en Vilagarcía, pero o seu mal resultado en Ferrol deixoulles sen opcións.

A Liga Galega de Traíñas xa ten novo campión. Salvo sorpresa maiúscula, Cabo de Cruz amarrou esta fin de semana o título en dúas regatas nas que amosou a súa tremenda clase e frialdade para sumar dous segundos postos.

O primeiro deles en Ferrol, o sábado nunha regata que clarificou as cousas. Mantiveron un man a man con Chapela ante a que cederon nos últimos metros; pese a quedarse sen a bandeira, deixaron a Náutico na quinta praza e á decepcionante Mecos na séptima.

Onte, na XV Bandeira Concello de Vilagarcía, máis do mesmo. Desta volta, A Mequiña, xa sen presión, pasou por enriba dos seus rivais. Cabo centrouse en controlar Náuitco de Vigo e estes viñéronse abaixo no último longo para ser superados por Chapela e Perillo, e tamén polo tempo acadado na segunda tanda por Amegrove. Os de Porto Meloxo volveron a demostrar o gran momento polo que atravesan. Fixeron esta fin de semana dous terceiros postos, en dúas auténticas contrareloxos. Vilaxoán completou unha boa regata diante da súa afección e rematou séptima.

Así as cousas, e a falta tan só da bandeira do vindeiro domingo en Vigo, Cabo aventaxa en 11 puntos a Náutico que podería perder o subcampionato se é que non culmina a temporada na casa cunha boa actuación, xa que por detrás ten a Chapela a un punto, a Mecos, con dous menos, e a Perillo a catro. Nesa pugna pola segunda posición da xeral estará o interesa da bandeira que pechará a Liga Galega 2009.

Redacción Salnés