![]()
SANXENXO> Ademais da sardiñada no porto deportivo, a xornada festiva contou coa primeira actuación da Banda de Música Municipal.
{flowplayer}images/salnes/250809_sardinada_banda_musica_sanxenxo.flv{/flowplayer}
Tódolos programas anunciaban as doce da mañá como a hora de arranque desta popular Sardiñada. Pero unha hora antes xa empezaban a aparecer no porto deportivo os primeiros comensais que buscaban un posto privilexiado na ringleira. Todo con tal de degustar este saboroso peixe á brasa. Chegou o momento de servir as racións e a cola xa chegaba ó Paseo dos Barcos, e así seguiu ata as dúas da tarde, o que dá idea do éxito de asistencia co que contou esta cita gastronómica. De feito, só hai que comprobar os datos ofrecidos polo concello. Mil quilos de sardiñas asadas que se dispensaron nun total de 3.500 racións, xunto a 350 litros de viño e outras tantas barras de pan. Esta foi unha das celebracións estrela do Día do Turista. A outra, a primeira actuación da Banda de Música de Sanxenxo na praza de Pascual Veiga.
A xornada continuou xa pola tarde coa misa na honra de San Xenxo e a posterior procesión polas rúas da vila.
Redacción Salnés











