Comisan 2 toneladas de berberecho nun cocedoiro cambadés

    CAMBADOS> Novo golpe contra o furtivismo. Gardacostas decomisou máis de dúas toneladas de berberecho ilegal. O molusco foi localizado nun control contra estas prácticas que se realizou nun cocedoiro de Cambados procedente de Portugal. Máis de dúas toneladas de berberecho ilegal foron comisados polo Servizo de Gardacostas de Galicia. Os axentes localizaron o molusco durante un control contra o furtivismo realizado nun cocedoiro de Cambados. Na actuación, os axentes inspeccionaron toda a mercadoría das instalacións e comprobaron que había máis de 2.100 quilos de berberecho que carecía de documentación que amparara a súa procedencia, polo que decidiron requisalo. Así as cousas, parece que o destino final do molusco era unha terceira empresa. O operativo enmárcase no conxunto de controis que a diario efectúa o Servizo de Gardacostas para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros. Só en dúas inspeccións da semana pasada, os axentes comisaron 21 toneladas de peixe.