![]()
VILAGARCÍA> A iniciativa parte de Benestar Social e súmase ás subvencións que xa outorgaba a concellería de Educación para o segundo ciclo.
{flowplayer}images/salnes/260809_axudas_material_escolar.flv{/flowplayer}
Este ano, as familias con nenos de cero a tres anos matriculados no primeiro ciclo de educación infantil poderá solicitar unha axuda para a compra de material escolar. A medida ponse en marcha por primeira vez para o curso 2009 e 2010, e vén a sumarse ás subvencións que xa vén concedendo a concellería de educación para os alumnos de segundo ciclo de educación infantil.
As bases polas que se convocan estas axudas xa están redactadas, e a partir da súa publicación no boletín oficial da provincia, os interesados disporán de dez días hábiles para solicitalas. O anuncio destas axudas chega en pleno debate sobre a gratuidade dos libros de texto na educación obrigatoria. Desde o concello de Vilagarcía esixen á Xunta que manteñan este sistema e o amplíen incluso ó segundo ciclo de educación infantil.
Outra das demandas que realiza o concello é creación de máis garderías públicas para cativos de primeiro ciclo de educación infantil.
Redacción Salnés







