Cambados lembra a traxedia do afundimento do Santa Isabel cunha exposición

CAMBADOS> A historia do naufraxio do Santa Isabel, o coñecido como Titánic de Sálvora, protagoniza unha nova exposición en Cambados. A mostra recompila preto de 200 imaxes e diversos obxectos daquela catástrofe, ocorrida en 1921. Ademais, hai programadas diferentes mesas redondas e charlas. A primeira delas, mañá mesmo.

O naufraxio do Santa Isabel é a meirande traxedia marítima civil ocorrida en Galicia en todo o século XX. A embarcación foi a pique preto da illa de Sálvora en 1921. Faleceron máis de 200 persoas. Os 50 supervivintes foron rescatos polas catro heroínas de Sálvora.

A historia desta catástrofe chega agora a Cambados, nunha exposición que recompila preto de 200 imaxes e diversos obxectos.

A mostra xa pasou por lugares como Marín ou Portonovo. En ambos casos, cunha moi boa acollida por parte do público.

A exposición exposición abrirá as súas portas no Salón José Peña o vindeiro martes, en horario de mañá e de tarde. Máis alá da mostra, hai programadas diferentes actividades paralelas, todas elas centradas na traxedia do Santa Isabel. Entra as mesas redondas previstas, salienta unha na que participará a directora do filme que narra a historia das heroínas de Sálvora. Será o vindeiro 4 de outubro.

O ciclo de charlas comeza xa mañá, da man de Xosé María Fernández Pazos, autor do libro ‘Memoria dun naufraxio’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí