Sanxenxo recupera a festa gastronómica de Arra e agarda un novo récord de participantes no concurso de pintura rápida

SANXENXO> Sanxenxo recupera a feira gastronómica de produtos galegos na zona de Arra. O evento mestura produtos autonómicas, con música tradicional e pintura, xa que o domingo ten lugar a VII edición do certame de pintura rápida.

A gastronomía, a música tradicional e a pintura teñen unha cita importante no verán de Sanxenxo coa celebración da Feira Gastronómica de Produtos Galego. O evento que ten lugar na zona de Arra do 5 ao 7 de agosto, regresa este verán tras dous anos de ausencia.

O que si sobreviviu á pandemia foi o certame de pintura rápida. Un concurso no que os artistas teñen o día domingo para realizar unha pintura sobre algunha paisaxe de Sanxenxo preto da zona de Arra.

O certame divídese en tres categorías: sénior, comarcal e menores de 16 anos. As pinturas dos participantes resultan sorprendentes.

A participación crece cada ano no certame de pintura rápida. Os primeiros clasificados da categoría sénior reciben un premio, no caso da categoría comarcal e os menores de 16 todos reciben un obsequio por participar.