LOUSAME> Lousame volverá reunir ós mellores corredores de Galicia na quinta edición do Trail San Silvestre que se celebrará o 26 de decembro. Como antesala, este mesmo sábado terá lugar o pequetrail para as categorías inferiores e a andaina solidaria en favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.
Xa están cubertas as cincocentas prazas para as carreiras curta e longa do Trail San Solvestre de Lousame- Castelo de San Mamede que como é tradicional se celebra o último domingo do ano. Sairá dende a Carballeira de San Lourenzo con meta no pavillón municipal. Os participantes no trail longo sairán ás dez da mañá e deberán completar un percorrido de 26 quilómetros con dificultade media alta. Máis asequible será a carreira curta prevista para as 11 da mañá.
Os máis pequenos terá unha cita no pequetrail que se celebrará unha semana antes, o sábado 18. Xa hai 60 nenos inscritos en tódalas categorías dende jibilén ata cadete. Os interesados aínda poden anotarse ata este martes a medianoite, cando tamén finaliza o prazo de inscrición para a andaina que se celebra o mesmo día.
Outra das novidades deste ano será a celebración dun obradoiro de igualdade no deporte par os nenos inscritos no pequetrail que se celebrará este venres.
Para aquelas persoas que non poidan asistir pero desexen colaborar coa asociación galega de heteroplasia ósea progresiva poden facer o seu donativo a través do dorsal solidario.