O concello de Ribeira paraliza a instalación dunha antena en Palmeira por carecer dos permisos

RIBEIRA> O concello de Ribeira enviou unha mensaxe de tranquilidade ós veciños tras paralizar a instalación da antena. Informaron de que xa se está a buscar unha localización alternativa que non afecte a núcleos de poboación.

Dende o concello informaron que se procedeu xa á paralización da obra, tras comprobar que carecía dalgúns permisos e informes sectoriais. O alcalde indicou ademais que se atopa en conversas coa coa empresa promotora da instalación para busca un emprazamento alternativo, máis afastado dos núcleos de poboación pero que garanta tamén a cobertura telefónica da parroquia.

Pola súa banda, o PP recrimina ó goberno que teña autorizado esta infraestrutura ó carón das vivendas cando hai anos, dende a oposición, rexeitaban a  instalación dunha antena no campo de fútbol de Ventín, moito máis alonxado da zona residencial, por posibles afeccións á saúde pública.