PONTECESURES> Precisamente esta campaña conseguiu chegar a 28 negocios da vila. Os establecementos hostaleiros e comercias recibiron unha formación para coñecer como actuar cando un cliente comunique ou sufra un caso de violencia de xénero. Estes locais recibiron un selo de Comercio Seguro para que toda a veciñanza os teña identificados e poidan recorrer a eles cando necesiten axuda.
A campaña para concienciar na loita contra a violencia de xénero non remata en Pontecesures trala lectura do manifesto. A campaña estivo enfocada en dous eixos, nos centros escolares e nos comercios e hostalería. No segundo dos casos, a iniciativa permitiu formar a 28 establecementos para que coñezan a forma de actuar ante a violencia de xénero.
A formación foi presencial ou online. Comerciantes e hostaleiro adquiriron coñecementos para poder diferenciar os tipos de violencia de xénero e os protocolos a seguir en cada caso.
Unha vez adquirida esta formación, os locais están preparados para axudar a calquera persoa que sexa vítima da violencia de xénero.
Trala lectura do manifesto os locais recibiron o certificado de Comercios Seguro. Este adhesivo estará pegado nas portas ou escaparates dos 28 establecementos para indicar que toda vítima de calquera agresión terá un lugar onde recibir axuda.