Dous días de adestramento para poñer a raia condutas agresivas

    adestramento_canino_100_040909.jpgCAMBADOS> Vinte cans participaron no curso organizado pola Protectora de Animais. Preto do 95 % solucionaron os problemas de comportamento.

    {flowplayer}images/salnes/adestramentos_caninos_cambados.flv{/flowplayer}

    Con motivo do décimo aniversario da protectora de animais de Cambados, estanse a levar a cabo durante todo este verán unha serie de actividades en favor dos cans. Unha destas iniciativas era o adestramento canino gratuíto. O curso constaba de dúas clases e a meirande parte dos que alí acudiron, viñan buscando solucións para o comportamento agresivo das súas mascotas. Ó remate das leccións, esa conduta quedou solucionada na meirande parte dos casos.

    Os arredor de vinte cans que participaron foron aleccionados por dous expertos na materia. Os adestramentos realizáronse de oito da tarde a dez da noite. A primeira sesión foi impartida en Torrado, mentres que a de onte levouse a cabo no paseo marítimo do Pombal. A xente que se achegou para solucionar os problemas das súas mascotas, nun 95% debido ó incorrecto adestramento dado polos seus donos, quedaron moi contentos. Por isto, a protectora xa está pensando en seguir con esta actividade en próximos anos. Tamén se están plantexando numerosos proxectos entre os que destaca o que se levará a cabo dentro de tres meses, onde os cans da protectora se porán en contacto cos pacientes do centro de drogodependencia de Vigo.

    Redacción Salnés