Manuel Abalo pon as súas condicións para liderar ó Arousa

abalo250_230610.jpgVILAGARCÍA> O Arousa celebrou onte no Auditorio unha asemblea extraordinaria de socios na que Manuel Abalo comprometeuse a liderar unha xestora que dirixa ó club. Iso sí, antes debe atoparse unha solución para afrontar a débeda que se teñe cos xogadores, así como coa póliza de crédito asinada por Gómez.

{flowplayer}images/salnes/arousa_230610.flv{/flowplayer} 

Manuel Abalo é o home ó que debe agarrarse o Arousa se é que non quere desaparecer como club. Despois da asemblea de socios celebrada onte no auditorio vilagarcián, hai motivos para a esperanza. Cando José Manuel Gómez preguntou onte se había alguén disposto a formar unha xunta xestora, Abalo deu ó paso ó frente.

O ex-vicepresidente non quere saltar ó vacío. A situación económica do club é crítica, 200.000 euros de débeda son difícilmente asumibles para un Arousa de Preferente Autonómica. Por iso os condicionante que puxo Abalo foron negociar o pago da débeda que se ten cos xogadores, que ascende a 65.000 euros, e por outra banda, chegar un acordo con Gómez e co outro avalista para o reembolso dos cartos da póliza de crédito que ambos asinaron. Unha das posibilidades que ofreceu Abalo foi o pago deses cartos a través da cesión de vallas publicitarias na Lomba.

Xunto a Abalo haberá un grupo de entre dez e quince socios que están dispostos a formar un equipo directivo. Aínda está por definir o papel que cada un tería e distribuír as funcións dentro da xestora. O grupo di que precisa tempo para coñecerse, para falar e para organizarse. Seguirán adiante sempre e cando vexan que o club pode sobrevivir e recuperarse económicamente da súa peor crise nos 65 anos de historia que lle contemplan.

Redacción Salnés