![]()
PONTEVEDRA> O PSdeG-PSOE organizou hoxe un total de trinta e un actos informativos nos que achegar á cidadanía o seu parecer sobre as medidas…
{flowplayer}images/salnes/070909_psoe_pontevedra.flv{/flowplayer}
… adoptadas polo goberno galego sobre as axudas á compra de libros de texto. Nestas charlas que se sucederon ó longo de toda Galicia, os socialistas acusaron ó PP de pretender seguir a senda de Esperanza Aguirre en Madrid de cara á privatización do ensino.
Aínda máis, desde o PSOE denuncian que esta medida,lonxe de supoñer un aforro para as arcas galegas, suporá un incremento do gasto do 25 % respecto ó anterior sistema de préstamo creado polo goberno bipartito. Así pois os socialistas continúan a reivindicar o seu modelo como o mellor posible en Galicia, onde a volta o cole ven de pasar de ser das mais baratas de España á máis cara con esta medida da Xunta de Galicia.
En termos cuantitativos o PSOE asegura que tres cuartas partes dos escolares galegos deixarán de ter libros de balde co que, dos 221.000 alumnos que inician agora o novo curso escolar, só 55.000 recibirán unha axuda equivalente ó custe dos libros.
Redacción Salnés









