Coira intentará arrebatar a alcaldía ó PSOE despois de 20 anos

    marcoscoira copia100.jpg CATOIRA> O candidato popular presentouse como o cambio necesario que precisa a renovación do concello.

    {flowplayer}images/salnes/PRESENTACION_PP_CATOIRA.flv{/flowplayer}

    O Partido Popular de Catoira presentou esta mañá de xeito oficial o seu candidato para os vindeiros comicios municipais do mes de maio. Marcos Coira será quen encabece as listas populares, unha candidatura coa que a forza política pretende arrebatar a alcaldía ó Partido Socialista, que cumpre case 20 anos no goberno local.

    Na súa presentación, Marcos Coira estivo arroupado por outros candidatos populares ás alcaldías da zona, así como por persoeiros da cúpula do partido. Entre eles, asistiu a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, que pediu o apoio dos veciños para o seu candidato.

    Pola súa banda, Rafael Louzán falou da responsabilidade e da lealdade como claves para conseguir a vitoria o vindeiro 22 de marzo, unhas características que asegurou ten o Partido Popular.

    Durante o acto, os dirixentes populares aseguraron que o resto dos nomes que comporán a lista da candidatura á alcaldía de Catoira se darán a coñecer nas vindeiras semanas.

    Redacción Salnés