Vilagarcía sóbese ó circuíto dos salóns de automoción

    vilagarcia_autoocasion_100_080909.jpgVILAGARCÍA> Do 13 ó 15 de novembro Fexdega acollerá a ‘Vilagarcía Autocasión 2009’, unha feira dedicada ó vehículo usado e de ocasión.

    {flowplayer}images/salnes/080909_fexdega_salon_automobil.flv{/flowplayer}

    Se está pensando en cambiar de coche pero non atopa o modelo que se axuste ó seu peto, agarde un par de meses. Ata o vindeiro 13 de novembro. Ese día en Vilagarcía inaugurarase o primeiro salón do Vehículo Usado e de Ocasión. Nel poderán atopar unha ampla gama de coches e motocicletas, ademais de artigos vinculados ó mundo do motor, como empresas de accesorios, recambios ou aseguradoras.

    O Vilagarcía Autocasión 2009 está organizado pola Fundación Fexdega xunto á empresa Eventos del Motor, unha entidade que leva 18 anos promovendo este tipo de eventos a nivel galego e nacional. Contará con 15.000 metros cadrados de superficie expositiva, e xa se comezou a contactar con algunhas empresas de automoción.

    As previsións de asistencia tamén son esperanzadoras. Os organizadores calculan que entre 12.000 e 15.000 persoas podería visitar a mostra no recinto feiral de Fexdega. E é que na actualidade, o mercado de vehículos de ocasión está superando ó de automóbiles novos.

    Recordamos a cita. Do trece ó quince de novembro no recinto feiral Fexdega de Vilagarcía. Os expositores permanecerán abertos durante todo o día desde as once da mañá ás nove da noite.

    Redacción Salnés