Vilagarcía reinvindica no seu manifesto a reforma do sistema para establecer unha igualdade real

VILAGARCIA> Os diferentes concellos da comarca deron hoxe a lectura do manifesto en conmemoración do 8M. En Vilagarcía reivindicaron a reforma do sistema para establecer unha igualdade real. Tamén esixiron unha educación baseada no respecto a diversidade.

Máis de 70 persoas acudiron en Vilagarcía á lectura do manifesto do 8M que tivo lugar ás portas do concello. Unha recitación elaborada polo CIM da vila e que correu a cargo de Teresa Brianes, recoñecida como a autónoma do ano. A proclama deste ano tiña o lema “sen coidados non hai vida”, reivindicando a reforma do sistema.

Por iso esixen as institucións uns sistema que protexa ás persoas en situación de vulnerabilidade.

No manifesto denunciaron a pobreza que as mulleres sofren polo simple feito de ser mulleres. Tamén reivindicaron o dereito a desenvolver o seu propio proxecto de vida, o coidado dos bens naturais para non esquecer ás mulleres rurais e esixiron unha educación baseada no respecto á diversidade.

A lectura pechouse co rexeitamento a todas aquelas voces que tratan de negar a violencia machista.

O concello de Vilagarcía continuará realizando actividades para conmemorar o 8M. O domingo partirá dende a vila un bus cara a manifestación feminista galega que terá lugar en Verín. Unha concentración na que tamén piden a participación dos homes, xa que só entre todos podemos conseguir establecer un sistema baseado na igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí