As augas do Grove acollen o primeiro xerador submarino

    O GROVE> Este é o prototipo dun xerador que aproveitará a forza das mareas para producir electricidade.

    {flowplayer}images/salnes/botadura_xerador_grove.flv{/flowplayer}

    É a última creación da empresa Resolve Enerxía, que xunto co Centro de Enxeñería Mecanima de Automoción da Escola de Enxeñeiros Industrial da Universidade de Vigo, crearon con persoal e tecnoloxía 100% galegas.

    Este xerador era mergullado hoxe no entorno de Porto Meloxo, no Grove, ca axuda dun guindastre; para levar a cabo nos vindeiros tres meses as probas de funcionamento sobre o terreo, é dicir, debaixo do mar. E é que en tempos de crise, esta empresa galega, co apoio da Xunta de Galicia e da Unión Europea, apostou polo I+D+i para crear este aparello tecnolóxico que aproveitará a forza do mar polas súa duras caras para xerar unha enerxía limpa e non contaminante.

    Amais, a súa estructura permite multiplicar o número se xeradores facilmente e a un prezo aceptable. Unha vez que este xerador supere as probas debaixo do mar, haberá vía libre para que Resolve producir e comercializar este xerador a gran escala, propagando a instalación deste novo xeito de xerar enerxía aproveitando a forza do mar.

    Redacción Salnés