‘Creaturas Showroom’: un espazo para os novos creadores

BOIRO> O centro social acollerá este venres un encontro creativo organizado polo colectivo ‘Creaturas’, en colaboración co concello. Ese día desenvolveranse infinidade de actividades que van dende obradoiros de cociña e textís, ata presentacións de moda e perruquería creativa. Haberá ademais un encontro de mozos creadores e artistas, no que se debaterá sobre a creación e os seus motores, sen esquecer á música, que terá tamén o seu protagonismo, con concertos no local Leñaverde. A iniciativa ten como principal destinatario ós mozos, e nela pretende darse a coñecer os novos modelos de desenvolvemento, así como os novos escenarios de futuro. Será unha actividade novedosa e variada, na que se darán cabida infinidade de actividades. Tamén haberá un showroom con desfiles de moda das tendas Lookbooky e Baldani. O alcalde destacou esta iniciativa, que nace dos propios creadores, que pretenden a dar a coñecer o seu traballo e a súa experiencia. Redacción Barbanza {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/presentacionencontrocreativoboiro071013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/presentacionencontrocreativoboiro071013.mp4{/flowplayer}