Macomunidade e Cámara de Comercio uniranse para abrir vías de negocio

    VILANOVA> Mancomunidade do Salnés e Cámara de Comercio de Vilagarcía están inmersos na redacción dun convenio mediante o que planean estreitar a súa colaboración e ir abrindo en conxunto novas vías de negocio para os empresarios da comarca. A recente visita da delegación mexicana de Aguascalientes a Arousa e os vínculos que se están abrindo decidiu a redacción deste acordo. A Mancomunidade do Salnés segue a presumir da nova vía de oportunidade empresarial aberta pola entidade en México. As misións inversas realizadas á municipalidade de Aguascalientes e a visita dos mexicanos a terras arousanas parece que está a dar froitos. Di o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, que moitos empresarios da comarca se están a interesar por entrar neste mercado, e o estreitamento de distancias comeza tamén a ter outros efectos, como o convenio que a Mancomunidade prevé asinar coa Cámara de Comercio de Vilagarcía. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/CONVENIOCAMARA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/PEZA_VILANOVA.mp4{/flowplayer}