Os populares dan a benvida ó novo equipo de NNXX

    nnxx_cambados100.jpgCAMBADOS> O PP presentou o equipo que compón NNXX. José Manuel Cores Tourís, Luís Aragunde e Rosa Oubiña, estiveron no acto.

    {flowplayer}images/salnes/nnxx_pp_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O PP presentou o equipo que compón NNXX. José Manuel Cores Tourís, Luís Aragunde e Rosa Oubiña, estiveron no acto.

    Novas Xeracións de Cambados chega con moitas ideas, ilusión e apoio total por parte do PP local. Facía anos que non se presentaba unha xunta xestora de NNXX e esta fin de semana, o novo equipo facíase oficial. Segundo Cores Tourís, o PP é especialista en formar bos equipos e demostrouno nas urnas os derradeiros trinta anos.

    Mirar por Cambados, axudar na andaina política do municipio e mostrar diferentes puntos de vista, son, para o alcalde, as premisas que leva consigo Novas Xeracións do PP. Luís Aragunde acólleos con toda a ilusión.

    Entre os moitos obxectivos que ten a nova corporación, atópase revalidar a maioría absoluta en Cambados, nas próximas eleccións.

    A do PP de Cambados foi a primeira sede que existiu a nivel comarcal, fai agora trinta anos. Para celebralo, xa preparan un gran acto conmemorativo.

    Redacción Salnés