Eva Comesaña conciencia á mocidade de Meaño contra a violencia de xénero coa súa acción escénica

MEAÑO> A deputación de Pontevedra chega ao instituto de Meaño co seu programa “Mulleres en acción, violencia zero”. Máis de 50 alumnos e alumnas asistiron á acción escénica de Eva Comesaña, “Transoceánica, navegando entre dúas realidades”. Co programa búscase concienciar aos máis mozos na loita contra a violencia de xénero.

A deputación de Pontevedra continúa un ano máis levando o seu programa “mulleres en acción violencia zero” aos concellos de toda a provincia. Con este programa búscase concienciar á veciñanza, e especialmente aos máis mozos, na loita contra a violencia de xénero. O programa chegou ao Instituto de Meaño coa acción escénica de Eva Comesaña, “Transoceánica, navegando entre dúas realidades”.

Para o concello, que a deputación realice accións como esta no seu concello para axudar a que a mensaxe cale de forma máis profunda no ámbito educativo.

Dende o centro sinalan que é vital comezar a traballar cos mozos para que se decaten de que hai comportamentos que non son os correctos.

O profesorado tamén matiza, que a maioría dos rapaces e rapazas responde de forma moi crítica cando ven ou escoitan comentarios ou actos machistas. O programa mulleres en acción continuará percorrendo os concellos da provincia regresando á nosa contorna aos concellos de Caldas, Meis, Cambados e Barro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí