Rianxo, Vilanova ou Cambados converteranse en ‘Vilas Literarias’

    conselleiro_cultura_vilanova_100_210909.jpgVILANOVA> Este proxecto turístico incluirá itinerarios por aqueles municipios que foron berce dalgún escritor galego ou escenario da súa obra.

    {flowplayer}images/salnes/210909_conselleiro_cultura.flv{/flowplayer}

    Percorrer os recunchos de Galicia onde viviron, traballaron ou se inspiraron os grandes escritores galegos. Esta é a idea que encerra o proxecto Vilas Literarias, o vindeiro proxecto turístico co que a consellería de Cultura, xunto á Secretaría Xeral para o Turismo, pretenden atraer novos visitantes a Galicia. Aínda non está pechado o número de localidades que formarán parte deste proxecto, pero o que si confirman desde a consellería é que estarán concellos como Rianxo, berce de Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio; Cambados, vila de Cabanillas, Vilanova con Valle Inclán ou Padrón, vencellado a Rosalía de Castro.

    O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba este proxecto durante o percorrido en catamarán que realizou pola Ruta Xacobea da ría de Arousa. Pouco antes de partir, en Vilanova, aproveitou para visitar outro dos proxectos turísticos nos que está a traballar este concello, o centro de talasoterapia e a pousada que se construirán na zona do Terrón.

    Redacción Salnés