Jealsa súmase á Alianza Galega polo Clima

BOIRO> A Alianza Galega polo clima segue a sumar novos axentes. Esta mañá, a conselleira de Medio Ambiente asinaba o convenio cos responsables de Jealsa. O grupo conserveiro intégrase así nunha rede que aglutina xa a medio cento de axentes.

Jealsa ratificaba esta mañá o seu compromiso co medio ambiente a través da súa adhesión á alianza galega polo clima. Un compromiso que xa vén de vello posto que a firma boirense desenvolve dende hai anos o programa responsabilidade social corporativa We Sea.

Coa incorporación de Jealsa, a Alianza Galega polo Clima conta xa con medio cento de membros. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Xunta que conta coa participación de universidades, autoridades portuarias, entidades deportivas, sindicais e empresariais co fin de promover accións conxuntas para frear o cambio climático.