“Árbores vellas, árbores nosas, árbores fermosa” a exposición do CPI Mosteiro Meis

MEIS> Os alumnos do colexio do Mosteiro inauguran unha exposición cos seus traballos realizados polo Día da Árbore. A mostra está composta por 31 fotos creadas por cada alumno. Poderá ser visitada durante as próximas dúas semanas na Casa da Cultura de Meis.

Árbores vellas, árbores nosas, árbores fermosas. Este é o título da exposición que hoxe presentou o alumnado de 3º de primaria do colexio do Mosteiro. A obra está composta polos traballos que realizaron os alumnos, coa colaboración das familias, para festexar o Día do Libro o pasado 21 de marzo.

Coa información recollida cos familiares, os alumnos crearon un cadro composto pola imaxe da árbore e unha breve explicación ou historia sobre ela.

Algúns dos alumnos compartiron os seus traballos.

A exposición atópase na casa da cultura de Meis e estará aberta para todos os públicos durante as próximas dúas semanas.