VILAGARCÍA> Os veciños de Vilaxoán, en Vilagarcía, están en pé de guerra. Reclaman unha mellora na seguridade viaria coa instalación dun paso de peóns e semáforos no cruce entre a rúa San Cibrán e a Avenida de Cambados. Trátase dunha vella reivindicación pola que xa se mobilizaron en numerosas ocasións durante anos. Dende o concello explican que van trasladar a reclamación á Xunta, titular da estrada.
Os veciños de Vilaxoán están a dar novo pulo a unha vella reclamación. Reivindican a instalación dun paso de peóns e dun semáforo na intersección entre a rúa San Cibrán e a Avenida de Cambados; actuación que melloraría a seguridade viaria da zona.
Esto para os peóns, pero tamén fan reclamacións que beneficiarían aos condutores. E é que aseguran que a regulación actual da estrada non atende ás necesidades reais da veciñanza.
Xa no 2016 presentaron sinaturas no concello para reclamar esta actuación. Agora retomaron as mobilizacións e continuarán para conseguir que se atenda esta demanda.
Dende o concello explican que a estrada é titularidade da Xunta de Galicia, e que lles trasladarán a petición dos veciños de Vilaxoán. Esta mañá, a deputada electa do Partido Popular Elena Suárez desprazouse ata a zona cun técnico autonómico, a voceira municipal Ana Granja e dous representantes da plataforma veciñal para avaliar sobre o terreo a posibilidade de instalar o paso de peóns e o semáforo nesa zona. Os resultados trasladaranse á Xunta.