A concellería de Cultura da Pobra programa un ciclo teatral para o mes de novembro

POBRA> A concellería de Cultura da Pobra que dirixe Patricia Lojo volve a facer unha aposta polo teatro, unha actividade que ten moito tirón na vila, e máis nestas datas de outono.

Así deseñou un ciclo teatral no que se incluirán catro funcións a cargo de compañías de máximo renome no panorama teatral galego.

A mostra arrancará xa o día 6 con De algo hai que morrer, de A Laberca. Seguiralle o día 13 Redrum Teatro coa obra Un home con lentes de pasta. O día 20 subirase ás táboas do Elma A Panadaría coa función As que limpan, para rematar o día 27 con Pirolíticos, de Mofa & Befa.

As funcións desenvolveranse todas elas os domingos, ás sete da tarde, con entrada libre ata completar a cabida.

Para a súa realización cóntase coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí