![]()
O GROVE> O paseo de madeira que arranca no porto deportivo de Pedras Negras, no Grove, continuará ata a praia do Carreiro.
{flowplayer}images/salnes/paseo_con_negro.flv{/flowplayer}
O GROVE> O paseo de madeira que arranca no porto deportivo de Pedras Negras, no Grove, continuará ata a praia do Carreiro. Así se recolle no anteproxecto que está a elaborar o Ministerio de Medio Ambiente, que asumirá o cen por cento do custe da obra.
O Concello está a xestionar cos propietarios dos terreos afectados para que autoricen o paso da senda por unha franxa de 3 ou 4 metros. Tamén negocia con Portos de Galicia, que é quen ten agora o permiso do Ministerio de Defensa nos terreos da Batería Militar.
O alcalde asegura que hai boa vontade por parte dos propietarios, entre eles a comunidade de montes de San Vicente, que xa entregou un escrito a favor, polo que, a lo menos, a pasarela ata Con Negro xa se podería estrear o vindeiro ano.
De momento non se coñece o custe desta obra, pero o secretario xeral do Mar asegura que o Ministerio ten xa unha partida reservada.
Redacción Salnés







