Mar destina máis de 400 mil euros ás federacións de confrarías

BARBANZA> A Consellería do Mar destina preto de 400 mil euros ás catro federacións de confrarías de pescadores de Galicia. A entidade galega e as tres provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra aglutinan a 63 confrarías e máis de 13 mil profesionais.

A Consellería do Mar apoia un ano máis ás catro federacións de confrarías a través da sinatura de convenios de colaboración por valor de 400 mil euros.  Os convenios asinados polas catro entidades; a galega e as tres provinciais, e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro ascenden a 332 mil euros e están destinados a asumir gastos correntes como a contratación de persoal, arrendamentos ou reparacións.

A estes acordos súmanse outros, xa en fase de tramitación, destinados ó desenvolvemento de accións para a mellora da competitividade da actividade pesqueira. Contarán cun orzamento de 75 mil euros que permitirán, entre outras, a organización de xornadas formativas ou as melloras tecnolóxicas e avances na administración electrónica.

Con estas axudas, a Xunta de Galicia aposta pola coxestión do medio mariño entre administración pública e sector. As catro entidades engloban a un total de 63 pósitos de toda Galicia con máis de trece mil asociados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí