Vivenda despraza un técnico á praza de Abastos para avanzar no prego

    mercadovilagarcia_100_090207.jpgVILAGARCÍA > O prego de condicións que rexerán o concurso para redacción do proxecto da reforma do mercado de Vilagarcía …

    … recollerá as prescricións sinaladas no anteproxecto de Mercasa. Así o indicou hoxe o alcalde Javier Gago, ó tempo que informaba que esta semana unha técnica do Ministerio de Vivenda visitou a Praza de Abastos para avanzar na elaboración do prego.

    O Ministerio de Vivenda avanza na elaboración do prego de condicións que rexerán o concurso para a redacción do proxecto da reforma da Praza de Abastos de Vilagarcía. Esta mesma semana, unha técnica da Dirección Xeral de Arquitectura do Ministerio desprazouse á cidade para visitar o mercado. O alcalde, Javier Gago, explicou que o prego recollerá as prescricións sinaladas no anteproxecto presentado no seu día por Mercasa, consideradas polo goberno local como axeitadas para a revitalización e modernización da Praza de Abastos.

    O rexedor comentou que a visita desta técnico confirma o interese do Ministerio de Vivenda por esta obra e o compromiso existente para a súa materialización a medio prazo. A reforma e mellora da Praza de Abastos precisará dun investimento de entre 6 e 8 millóns de euros, e Vivenda xa ten reservados millón e medio. Neste senso, Javier Gago lembrou que segue esperando resposta por parte doutras administracións, como a Deputación de Pontevedra ou a Consellería de Industria.

    Redacción Salnés