PSOE E BNG pactan en Vilagarcía e tenden a man a EU

    pactovilagarcia100_280607.jpgVILAGARCÍA > O BNG de Vilagarcía formará parte do equipo de goberno municipal. León e Castro Ratón anunciaron hoxe …

    … ante os medios de comunicación que chegaron a un pacto de gobernabilidade. Ambas forzas manteñen a porta aberta para que Esquerda Unida se adhira a este proxecto.

    Xa hai acordo en Vilagarcía. PSOE e BNG escenificaban cun apretón de mans o pacto de gobernabilidade ó que chegaron nas últimas horas. Segundo explicou o alcalde Enrique León, o BNG encargarase das áreas de Igualdade e Benestar, que recaería en Ana Lorenzo; Promoción Económica e Innovación, para Rosa Abuín, e Cultura e Vivenda, para Xosé Castro Ratón. Este último sería ademais o tenente de alcalde único. O PSOE queda con Servizos e Obras, Xestión do Territorio, Réxime Interior e Facenda e Muller, Deportes, Educación e Saúde Pública. Relacións Institucionais e Comunicación queda adscrita á alcaldía.

    E parece que neste marco de negociacións podería haber boas novas tamén para a oposición, xa que o BNG é favorable a liberar a algún concelleiro do PP. Precisamente sobre o reparto de áreas e sobre as concellerías liberadas versa a proposta que lle trasladará Esquerda Unida ó partido socialista de Vilagarcía. Fajardo só adiantou que esta proposta se baseará nun recorte, moderación económica e reducción do gasto. Ademais dixo que só os edís que teñen responsabilidade de goberno merecen ter dedicación, e que esta sexa exclusiva. Afirmou que por parte de EU non haberá concelleiro liberado e que espera que por parte do PP tampouco.

    PSOE e BNG suman 10 edís, insuficiente para formar un goberno en maioría. Por iso seguen tendéndolle a man a Esquerda Unida. Pero Juan Fajardo indicou hoxe que o seu grupo non quere entrar no goberno municipal que acaban de pactar PSOE e BNG. Fajardo entende que non está garantido un goberno con políticas de esquerda. De todos xeitos, formuláronlle ó PSOE que queren manter un contacto continuo para discutir problemas do concello.

    Redacción Salnés