Ribeira acollerá o día 8 a segunda edición da Andaina Solidaria co Alzheimer

    RIBEIRA> O próximo oito de setembro terá lugar en Ribeira a segunda andaina solidaria co alzheimer. Haberá dous percorridos con diferentes distancias para abrir a proba a todo tipo de participantes. Un ano máis, os ribeirenses volcaranse con esta iniciativa solidaria que busca facer visible esta doenza que afecta non só ó paciente senón a todo o seu entorno. A principal novidade este ano será o punto de partida da andaina que sairá ás nove da noite do parque de San Roque. O centro de día de Ribeira presta atención a oitenta persoas de toda a comarca. Dende AGADEA están a traballar para ampliar este servizo e achegalo o máximo posible ós pacientes. Os interesados en participar xa poden inscribirse de xeito presencial no propio centro de día ou a través do teléfono 672 705 053. O prezo simbólico é de dous euros e o número de prazas limítase a douscentos cincuenta, cifra que se completou na pasada edición.