O BNG de Ribeira propón ampliar horario de atención ó público de Correos

RIBEIRA> O BNG de Ribeira iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar melloras no servizo de Correos. Aposta por incrementar o horario de atención ó público, abrindo tamén en xornada de tarde.

Ademais da recollida de sinaturas iniciada este mesmo sábado, o BNG levará a pleno a necesidade de reforzar o servizo de Correos nun concello como Ribeira que conta cunha poboación próxima ós 30 mil habitantes que se ven notablemente aumentada duranre o verán. Reclaman o aumento do horario de atención ó público que, na actualidade, so se realiza en xornada de mañá.

Ademais de mellorar a calidade do servizo para os veciños, esta medida implicaría a creación de novos postos de traballo.

Por outra banda, demandan tamén a  cobertura de vacantes por vacacións e baixas médicas que na actualidade non se está a facer o que repercute negativamente nalgúns servizos que se deixan de prestar temporalmente.