Finsa asegura que leva seis meses sen distribuír combustible ó por maior

    depositos_ferrazo_finsa100_300909.jpgVILAGARCÍA> Finsa Foresa, titular do parque de hidrocarburos de Ferrazo, asegura que desde marzo cumpre a sentencia do Tribunal Supremo.

    {flowplayer}images/salnes/depositos_ferrazo_finsa.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Finsa Foresa, titular do parque de hidrocarburos de Ferrazo, no porto de Vilagarcía, asegura que leva desde marzo cumprindo a sentencia do Tribunal Supremo. O ditame xudicial inhabilita á multinacional para alugar os depósitos a terceiras empresas e distribuír combustible ó por maior.

    Finsa responde así á petición formulada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa. O colectivo solicitou ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a execución desa sentenza e que decretase as medidas necesarias garantir a paralización da actividade futura nestas instalacións.

    Finsa Foresa afirma que en canto tivo constancia da resolución xudicial suspendeu o aluguer dos depósitos e deixou de distribuír ó por maior. Sen embargo, asegura que iso non quere dicir que os depósitos non poidan funcionar ou deban ser desmantelados. A compañía lembra que dispón de licenza en regra para explotar as instalacións en uso propio e distribución ó por menor, autorizacións que ademais están en vigor ata o 2027.

    Finsa asegura que cumpre tamén outra parte do ditame xudicial, que pedía que as instalacións se sometesen a un proceso de avaliación de impacto ambiental. A compañía di que en xuño xa presentaron o documento inicial do proxecto na Consellería de Economía e Industria. Engade ademais, que os depósitos de Ferrazo cumpren as máis esixentes normas de seguridade e que contan cun plan de emerxencia coordinado co Porto.

    Redacción Salnés