![]()
CAMBADOS> A conselleira de Medio Rural destaca a importancia do sector vitivinícola na economía galega, durante un encontro co sector da D.O Rías Baixas, no Parador de Cambados.
O Parador Nacional de Cambados acolleu este xoves un encontro co sector vitivinícola da Denominación de Orixe Rías Baixas, no que tamén estivo presente a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen destacou a importancia do sector na economía galega.
Seguir apoiando o sector e escoitar as demandas dos viticultores centrou a actualidade deste encontro.
Vázquez destacou a importancia do número de adegas en Galicia e a calidade dos caldos galegos. Ademais recoñeceu na súa intervención, que é o sector máis internacionalizado de Galicia.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/08/conselleira_rural_vinhos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/08/conselleira_rural_vinhos.mp4{/flowplayer}









