Cores Tourís promete cumprir as demandas de Castroagudín

    touris_castroagudin100_011009.jpgVILAGARCÍA> A Xunta fará un proxecto modificado para atender as demandas de Castroagudín, segundo indicou hoxe José Manuel Cores Tourís, …

    {flowplayer}images/salnes/touris_castroagudin.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Xunta fará un proxecto modificado para atender as demandas dos veciños de Castroagudín, en Vilagarcía. Así o comunicou hoxe José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, durante a visita que fixo ó lugar esta tarde.

    Cores Tourís estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Evaristo Juncal e, amais dos veciños, tamén estiveron a alcaldesa Dolores García e representantes das empresas que acometeron a variante norte e as obras de compensación comprometidas pola anterior Xunta.

    Nesta visita, os veciños de Castroagudín expuxéronlle in situ as súas demandas. Entre as que máis urxen están a rede de sumidoiros, dar servizo ás fincas e arranxar a praza. Os veciños manifestaron a súa preocupación, sobre todo, porque algunhas das promesas do bipartito non se recolleron por escrito.

    O delegado da Xunta quixo deixar claro que este é un problema herdado do anterior goberno pero que están dispostos a levalo a cabo e ben. Para iso estudarían incluso incrementar o investimento inicial, que é de medio millón de euros.

    O Concello de Vilagarcía mantén o apoio ós veciños, acordado por unanimidade no último pleno, e espera que haxa acordo entre tódalas partes. O delegado da Xunta manifestou estar totalmente aberto ó diálogo cos veciños.

    Redacción Salnés