Gómez Noya, grande atractivo do Cpto. Galego de 5 quilómetros

VILAGARCÍA> Celébrase o domingo ás 11:30 horas na zona do paseo marítimo. A saída e a meta estarán colocadas na Avenida da Marina.

{flowplayer}images/salnes/carreira_120712.flv{/flowplayer} 

Este domingo Vilagarcía acolle o Campionato Galego de 5 quilómetros en ruta. O circuíto será o habitual, o homologado pola Federación Española de Atletismo, que levará ós atletas a través do paseo marítimo e a Avenida da Marina, onde estará situada a saída e a meta. Os corredores deberán dar dúas voltas a este circuíto de 2’5 quilómetros.

A carreira é para categorías de xuvenil en diante. Terá dúas vertentes, a federada, na que haberá 200 participantes e na que estará en xogo o Campionato Galego, e a I Carreira Popular Deputación Provincial de Pontevedra, aberta á participación de todo o mundo. E

ntre os favoritos ó título, nas mulleres Yolanda Gutiérrez e as veteranas Esther Pedrosa e Soledad Castro, mentres que nos homes o triunfo semella ter nome antes de comezar a proba.

omás Fole convidou a tódolos vilagarciáns a saír á rúa pola mañá para seguir de preto a carreira, e sobre todo a ser puntuais, debido á súa brevidade. A carreira dará comezo ás 11:30 e o tráfico estará curtado durante 45 minutos.

Redacción Salnés