![]()
RIBEIRA> A corporación municipal solicitará á Xefatura Provincial de Tráfico a realización na localidade dos exames do permiso de conducir.
A proposta que recibiu o apoio unánime de toda a corporación partiu da propia Alcaldía, e foi realizada en vista da crecente demanda entre os veciños e profesionais do sector de que se poidan efectuar no concello tanto estes os exames para a obtención de permisos ou licenzas de conducir, como os cursos de sensibilización e reeducación viaria por perda de puntos.
{flowplayer}barbanza/exameconducirribeira.flv{/flowplayer}
Aforro de tempo
Dende o executivo ribeirés sinálase que a realización dos exames para o permiso de conducir en Ribeira beneficiaría tanto ós veciños deste concello como ós de toda a comarca do Barbanza, ó non ter que verse obrigados a desprazarse a Santiago para realizar este trámite, o que suporía un considerable aforro de tempo e gastos.
Así mesmo, considerouse beneficioso que os condutores da comarca teñan tamén en Ribeira un centro de reeducación viaria, dado que na actualidade os máis próximos atópanse en Vilagarcía de Arousa e en Santiago, estando ámbalas dúas localidades a máis de 30 kilómetros de distancia deste municipio.
Redacción Barbanza







