Louzán supervisa a recuperación do entorno de As Aceñas

    louzan_baion100.jpgVILANOVA> O presidente da Deputación asegura que se saldarán os danos provocados na zona polas riadas do inverno pasado.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_LOUZAN_BAION.flv{/flowplayer}

    A entidade provincial colaborará na construción dunha nova pasarela que comunique coa a illa que se atopa no propio cauce do Umia. Será construída en pedra de laxe na súa totalidade para que quede perfectamente integrada no entorno. O custe ascenderá a 34.000 euros. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, afirmou esta mañá, que se deben facer tódolos esforzos posibles para recuperala zona.

    O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, espera que coa axuda do concello de Meis e da Deputación as Aceñas volvan a ser unha paisaxe inigualable. Pola súa parte, o alcalde de Meis, José Luis Pérez, afirmou que as melloras que se están a levar a cabo son un compromiso co río.

    O proxecto de recuperación tamén incluirá a limpeza do río que se está vendo afectado por unha especie de algas invasoras. Ó final da visita, Louzán, Durán e Pérez visitaron unha praia fluvial deste entorno onde se farán labores de recuperación.

    Redacción Salnés